Rematan os traballos de mellora nos camiños de Granxas, en Viveiro
AMariñaXa
Trátase de catro moi concorridos dada a súa proximidade á praia de Covas e á existencia na zona de edificios
6 Xuño 2024
O Concello de Viveiro informa do remate das obras de mellora en varios camiños de Granxas, en Covas. Trátase de catro moi concorridos dada a súa proximidade á praia de Covas e á existencia na zona de edificios de vivendas e establecementos comerciais.
“A actuación, cun investimento de 164.392,96 euros, incluíu labores de mellora da pavimentación na zona destinada ao tráfico rodado, así como a reposición dos servizos urbanos de rede de saneamento, implementación da rede separativa de pluviais e dotación dunha nova rede de abastecemento de auga”, explica a alcaldesa, María Loureiro. Era unha obra incluída no Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2023 da Deputación de Lugo.