Rematan esta fin de semana as Xornadas Gastronómicas de Foz

Foz
AMariñaXa
A fin de semana do 16 ao 18 celebrarase a última das Xornadas Gastronómicas organizadas polo Concello de Foz en colaboración con ACIA-CCA.
XORNADAS GASTRONOMICAS FOZ
8 Apr 2021

A fin de semana do 16 ao 18 de abril celebrarse a última das Xornadas Gastronómicas organizadas polo Concello de Foz en colaboración con ACIA-CCA, como parte do programa de promoción das medidas de impulso á hostalaría.

Nesta ocasión estarán dedicadas á horta da Mariña.

Os gobernantes municipais destacan que “como aliciente para os clientes, haberá premios por un total de 2.000 euros en vales de compra. Todos os mércores en Radiofoz procédese ao sorteo de 10 vales de 50 euros cada un, que poderán ser canxeados nos establecementos e locais de hostalería da nosa vila. O impacto económico destas xornadas estímase que triplique o investimento realizado e esperamos que constitúan un avance no programa de incentivos do Concello ao tecido produtivo e ao sector servizos”.

Tamén se potenciaron unhas Xornadas de Tardeo, con aperitivos, cócteles e copas; en Semana Santa fíxose a campaña de Comercio na Rúa, con animación musical e ruta das tapas.

SORTEO

Onte celebrouse en Radio Foz o terceiro sorteo de dez vales de 50 euros cada un para gastar no comercio e na hostalería local focense que se enmarca nas Xornadas Gastronómicas imPULSA Foz. Os gañadores destes vales son: Conchi España Redondo, Peña Pachán, Ana Isabel Rodríguez Neira, Ana Goyos López, Antonio Méndez Rodríguez, Lourdes Hermida Caserío, María Centeno Valiña, Noemí Castro Sánchez e Albino Val Pena.

Ao sorteo asistiron o concelleiro de Comercio, Chema Linares, e a xerente de AciaFozCCA, Ana Segade, que se porá en contacto cos premiados para entregarlles os vales.

As Xornadas Gastronómicas imPULSA Foz son organizadas polo Concello en colaboración con AciaFozCCA. O edil de Comercio fixo unha “valoración moi positiva desta 17ª edición da Ruta de Tapas de Semana Santa, aínda que as restricións impediron que se desenvolveran con total normalidade polas limitacións nos aforos e por ter que pechar ás 21 horas, o que prexudica bastante aos establecementos. Pero aínda así algúns chegaron a repartir cerca de 200 tapas e en xeral quedaron contentos porque houbo moita afluencia de xente, incluso houbo quen comparaba co verán”.

Chema Linares agradece “o gran esforzo que fixeron os establecementos na preparación destas tapas que requiren moita elaboración. Grazas á súa implicación esta tradicional Ruta de Tapas de Semana Santa volveu ser un éxito. Esperemos que a edición do vindeiro ano poida facerse sen restricións”.

CARTEL XORNADAS GASTRONOMICAS FOZ

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18028497695923