Rematan en Foz as obras de mellora dos accesos á vila
O Concello de Foz rematou estes días as obras de mellora en todos os accesos á vila de Foz, un plan conxunto que necesitou do investimento de 95.000 euros.
Tal e como subliñaron dende o Concello, estes traballos consistiron na reposición de mái de 550 metros de firme con aglomerado en quente e que contaron tamén coa construción de novas beirarrúas na contorna do cruceiro de Vilaxoane e na rampla do IES, onde tamén se acometeron traballos de asfaltado.
Estas obras melloras implicaron tamén a colocación de 3 novos pasos elevados de seguridade para os peóns e o pintado, por unha banda de 5.600 metros de liñas viarias e por otra a instalación de 7 novos pasos de peóns.
Completouse a actuación coa colocación de 20 novas sinais verticais.
Segundo indica o alcalde, Francisco Cajoto, estas obras estaban moi demandadas "xa que había moito tempo que non se traballaba nos accesos á vila" polo que recibiron "unha gran aceptación por parte dos veciños, que están moi satisfeitos co resultado".