Rematan as obras no parque infantil do colexio de Trabada

AMariñaXa
O Concello de Trabada rematou as tarefas para substituír o valado do parque infantil do colexio de Infantil e Primaria.
parque colexio trabada
9 Maio 2024

O Concello de Trabada rematou as tarefas para substituír o valado do parque infantil do colexio de Infantil e Primaria. “O valado estaba deteriorado despois de varios actos vandálicos na zona e procedemos a cambialo para que o espazo estea en boas condicións para os nenos e nenas”, explica o alcalde, Rubén García.

Por outra parte, xa comezou a renovación completa do parque infantil da parroquia de Sante, unha actuación incluída no Plan Único da Deputación de Lugo. “Desta forma, seguimos a dar pasos para mellorar as nosas instalacións de lecer e os parques infantís de Trabada, potenciando o seu uso por parte das familias”, engade o alcalde.

0.12410187721252