Rematan a súa estadía os 15 alumnos italianos que realizaron prácticas en empresas de Ribadeo

AMariñaXa
O 6 de xullo está previsto que cheguen a Ribadeo outros 15 alumnos italianos
alumnado-italiano-en-Ribadeo
16 Xuño 2024

Os 15 alumnos italianos que durante quince días realizaron prácticas en empresas de Ribadeo da man de Apaga e do programa Erasmus + que está a desenvolver a asociación remataron a súa estadía en Ribadeo.

Ademais de formación a expedición italiana tamén tivo a oportunidade de coñecer Lourenzá e Mondoñedo, onde visitaron a Cova do Rei Cintolo.

En Ribadeo pasearon polo casco histórico, achegáronse ás praias, coñeceron a ría gozando dunha viaxe en barco e foron recibidos polo alcalde, Daniel Vega, no Pazo de Ibáñez.

O broche de ouro a esta estadía tivo lugar nas instalacións de Apaga, na que o alumnado e titores das empresas ribadenses que os acolleron puideron departir e compartir impresións e experiencias. Deste xeito remata esta mobilidade de Apaga.

O 6 de xullo está previsto que cheguen a Ribadeo outros 15 alumnos italianos para facer prácticas durante unha quincena en empresas da localidade.

0.20551896095276