Rematado o paseo entre os ríos Eo e Turia na Pontenova
AMariñaXa
O Concello da Pontenova rematou as obras de mellora da área natural comprendida entre os ríos Eo e Turia para o desfrute dos veciños
9 May 2021
O Concello da Pontenova rematou as obras de mellora da contorna natural do tempo municipal, concretamente están actuando na área natural comprendida entre os ríos Eo e Turia, onde se está a facer unha zona de paseo e lecer para desfrute dos veciños.
Colocouse pedra para o paseo, que ten un ancho de 1,50 metros, e limpouse a zona para colocar tres mesas de canteiría para que se podan facer reunións ao aire libre, en canto a situación sanitaria o permita.
Este proxecto, con cargo a Red Natura contou cun orzamento de 24.000 euros.