Rematado o muro da antiga conserveira co proxecto Burela-IN

AMariñaXa
Comezan os traballos de rehabilitación do muro situado na antiga conserveira para dar continuidade ao proxecto Burela-IN
muro Burela In  Belen Mogo e Martin Lestao 1
5 Ago 2022

Rematado o muro tras meses de traballo e un deseño con moito significado e valor dos artistas burelenses Belén Mogo e Martín Lestao, gañadores do BurelaIN.

Burela, o mar e as súas xentes unha verdadeira obra de arte feita con pezas da antiga fábrica de Gres que xa se poderá ver e desfrutar esta fin de semana na Feira do Bonito tras retirar esta mesma mañá os andamios para contemplala integramente.

A peza rende homenaxe ás mulleres do mar sobre os mesmos restos da antiga conserveira: peixeiras, redeiras e conserveiras representando o seu imprescindible papel no desenvolvemento da Burela industrial vinculada ao mar.

O Concello agradeceu principalmente "a Belén e Martín por regalarnos este deseño e por implicarse ao 100% no proxecto. Tamén á Confraría de pescadores por ternos cedido o muro para realizar esta acción subvencionada polo GALP. E por suposto, un agradecemento moi especial ás entidades de inclusión social que participaron na creación do mural".

"Tradición, vangarda, arte, inclusión, cultura, mar, pesca, cerámica…todo iso e moito máis vos agarda en Burela", dixeron os seus creadores.

0.17549395561218