Rematadas as obras na rúa da Capela, na Vila do Medio burelesa
Rematadas as obras na rúa da Capela, na Vila do Medio, na que se investiron 120.000 euros. O rexedor, Alfredo Llano, declarou que “realmente quedou perfecta e é un gusto pasar por esa rúa, onde se colocou o adoquinado, que quedou perfecto, e tamén se fixo unha renovación na rede de abastecemento de auga, substituíndo tanto acometidas como canalizacións, ademais dos separativos de augas residuais e pluviais. Isto era moi necesario e esperemos que vaia para moito tempo”.
Llano dixo que “nesta zona tan singular como é Vila do Medio, onde está a capela e tamén hai cuestións etnográficas, como unha serie de hórreos, nun deles vamos conveniar co seu dono para fortalecer esas visitas etnográficas a Vila do Medio para visualizar e gozar do que é un bo patrimonio de Burela, e sobre todo desa zona concreta. Así que animo a todo o mundo a que vaia ata alí e vexa con toda claridade a mellora total que se fixo nesta zona, que era moi merecida polos veciños e polas veciñas e ao mesmo tempo creo que lle dá unhas posibilidades urbanísticas e de convivencia maiores”.
O alcalde burelés engadiu: “fíxose un investimento duns 120.000 euros, que eu penso que foron moi ben empregados e que realmente cumpriron as expectativas que tíñamos para esa obra”.