Rematadas as obras na estrada que une Foz e Alfoz por San Acisclo

Foz
AMariñaXa
Rematadas as obras na estrada provincial que une Foz e Alfoz por San Acisclo na que se ampliou a plataforma, beirarrúas e novo alumeado.
Foz estrada San Acisclo obras rematadas LU P 0210
13 Maio 2022

Remataron as obras de mellora na estrada provincial que une Foz e Alfoz por San Acisclo, a LU-P-0210. Esta estrada sufriu obras de ampliación e acondicionamento que está estivo executando a Deputación de Lugo cun investimento de 110.500 euros.

Os traballos, que se desenvolveron entre os puntos quilométricos 5,1 e 5,3, consistiron na ampliación e acondicionamento da vía con aglomerado en quente, así como na dotación de iluminación e beirarrúas. 

Estas actuacións resolveron un problema de seguridade e benefician a numerosos veciños e veciñas ao tratarse dunha estrada que soporta moito tráfico ao ser unha das principais vías que une Foz con Alfoz, sendo o camiño máis corto para chegar á costa. Ademais, dá servizo aos serradoiros de madeira da zona, que reciben un elevado número de vehículos cada día.

Con estas obras, complétase a  renovación desta vía na súa totalidade, que xa se atopa ensanchada e adecentada no resto de treitos.

0.18890786170959