Rematadas as obras de renovación da cámara agraria de Trabada

AMariñaXa
O Concello de Trabada informou da finalización das obras para renovar a fachada da cámara agraria. A actuación protexe a edificación
camara agraria TRABADA rehabilitacion 1
15 Xan 2022

O Concello de Trabada informou da finalización das obras para renovar a fachada da cámara agraria. Os traballos permitiron protexer a edificación, evitando o seu deterioro. Deste modo, mellórase a calidade da paisaxe rural, corrixindo os impactos paisaxísticos que ocasionaba o estado anterior do edificio. 

Por outra parte, dase cumprimento ao artigo 39 da Lei 2/2016 do Solo de Galicia, no que se sinala que os materiais e cores das edificacións deben ser acordes coa paisaxe rural e as construcións da contorna.

Os traballos, impulsados polo goberno local de Trabada, implicaron a limpeza e reparación das zonas con humidade e mofo. Tamén se pintaron as catro fachadas mediante pintura plástica lisa coa combinación de cores incluídas no catálogo de ‘A Mariña e o baixo Eo’. 

Deste xeito, empregáronse as mesmas cores que na antiga escola e vivenda de Mestres, recentemente convertida en museo etnográfico. 

“Este edificio precisaba urxentemente destes traballos, polo que dende o goberno local esforzámonos en lograr esta subvención, concedida pola Xunta de novo por orde de chegada", sinala Mayra García Bermúdez, alcaldesa de Trabada, que foi a encargada de tramitar persoalmente a solicitude das axudas.

0.10515904426575