Rematadas as obras de rehabilitación da primeira planta da casa escola de Trabadela, en Trabada
O Concello de Trabada informa do remate das obras de rehabilitación da primeira planta da casa escola de Trabadela, un inmoble de titularidade municipal.
O orzamento dos traballos de reforma superou os 40.000 euros e para esta actuación o concello obtivo unha subvención de 25.937,48 euros do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), con fondos da Plan Estatal de Vivenda que o goberno central transfire ás comunidades autónomas.
“Grazas ao esforzo do goberno local obtivemos esta subvención, que permitiu a reforma dunha vivenda municipal ubicada no rural, mellorando desta forma os servizos do núcleo de Trabadela”, afirma a alcaldesa, Mayra García Bermúdez
O proxecto consistiu na remodelación da vivenda para dotala de mellores condicións de habitabilidade, mediante o redimensionado da zona de día composta por salón-comedor-cociña e do baño, mentres que se mantiveron os tres dormitorios existentes.
Grazas as reformas previstas, melloráronse as dimensións dos distintos espazos, dotándoos de maior funcionalidade e mellores condicións de accesibilidade. Tamén se reforzaron as condicións de habitabilidade da vivenda mediante a mellora do illamento das fachadas e a instalación dun sistema de calefacción.