Rematada con éxito a recollida de xoguete de Airsoft A Mariña en Lourenzá
Os xoguetes recollidos na campaña promovida pola asociación Airsoft A Mariña están depositados nas dependencias do departamento de Servizos Sociais do Concello de Lourenzá, onde os seleccionan e empaquetan para entregalos posteriormente a familias con escasos recursos económicos.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que “esta campaña foi organizada polo colectivo Airsoft A Mariña coa colaboración do Concello de Lourenzá. E os xoguetes están depositados nas dependencias do departamento de Servizos Sociais do Concello, onde se están seleccionando e empaquetando para entregar posteriormente”.
O presidente de Airsoft A Mariña, o laurentino Lázaro Irimia, comentou que “logrouse xuntar moitos máis xoguetes do que esperábamos ao principio da campaña, que fixemos por primeira vez e empezamos un pouco tarde. Pero finalmente a resposta da xente foi moi boa nos diferentes puntos de recollida, que tivemos en varios locais de Lourenzá, Burela, Foz e Trabada. E a intención é repartilos a familias necesitadas de varios concellos da Mariña”.
Lázaro Irimia ten previsto repetir esta iniciativa para o vindeiro Nadal, pero “mellor organizada, con máis tempo, con máis locais de recollida e dándolle máis publicidade”.
Todos os xoguetes recollidos na campaña están a disposición das familias na sala de servicios sociais do Torreón dos Frades para que ningún neno da comarca da Mariña se quede sin xoguetes no día de Reis. Dende o Concello "damos as gracias a toda a xente e a todos os establecementos que colaboraron coa campaña e tamén a asociación Airsoft da Mariña promotora desta iniciativa".