Rematada a restauración do retablo da Porta de Carlos V de Viveiro

AMariñaXa
O Concello de Viveiro comunica que no día de hoxe déronse por rematadas as labores de restauración do retablo da Porta da Vila.
retablo porta carlos V resturado 2022 2
11 Dec 2022

Xa remataron os traballos de restauración do retablo da Porta de Carlos V nos que a empresa encargada dos traballos retirou a imaxe de San Roque con can e anxo para proceder á súa limpeza e a unha actuación de reintegración cromática cos produtos adecuados neste tipo de tarefas.

Ademais da restauración da imaxe, realizáronse traballos de limpeza e restauración no retablo, cuberto dunha capa de suciedade polo paso do tempo e a súa exposición ás condicións ambientais.

“Temos que poñer en valor o noso patrimonio histórico e cultural, por iso son tan importantes estas tarefas de restauración”, explica a alcaldesa, María Loureiro, que visitou o retablo para comprobar o resultado final dos traballos.

O retablo é obra de José Otero Gorrita de mediados do século XX, mentres que a figura é de Juan Luis Otero. A porta monumental de Carlos V é de 1548.

Tamén o mes pasado o concello executou labores de restauración no retablo da Porta da Vila, tanto nas imaxes de San Xoán, da Virxe María e do Cristo do Amparo, como na hornacina que os alberga.

O Concello de Viveiro contou coa pertinente autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para a realización destes labores, que foron realizados por persoal especializado.

0.091332197189331