Rematada a mellora do vial de acceso ao barrio de Alemparte, en Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
29 Maio 2020
O Concello de Foz rematou a mellora do vial de acceso ao barrio de Alemparte, na parroquia de Cangas.
O alcalde, Fran Cajoto, explica que “xa está feito o aglomerado, o levante de todas as tapas, o pintado e a colocación dunha reixa. Estou satisfeito co resultado e con que pouquiño a pouco vaiamos mellorando todas as vías municipais, neste caso nun barrio moi poboado, onde tamén se renovou totalmente a tubaxe do abastecemento de auga de fibrocemento, que daba moitos problemas e perdas continuas. Entón agora en Alemparte hai un subministro de auga correcto e un vial cun firme en boas condicións, polo que só queda desexar que o desfruten todas as veciñas e veciños”.