Remata o mural dedicado a Rosalía en Ribadeo

AMariñaXa
Xa se pode ver na rúa Rodríguez Murias, de Ribadeo, o mural en homenaxe a Rosalía de Castro. Foi pintado ayer por Concepto Circo.
mural rosalia ribadeo
24 Mar 2021

Xa se pode ver na rúa Rodríguez Murias, de Ribadeo, o mural en homenaxe a Rosalía de Castro. Foi pintado ayer por Concepto Circo.

Deste xeito o Concello conmemora a data do nacemento da escritora en Santiago de Compostela en 1837, “unha celebración que foi impulsada en 2011 pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e á que cada ano se suman máis entidades”, segundo lembraba hai uns días a concelleira de Cultura, Pilar Otero.

Ribadeo acolleuse á convocatoria da Área de Cultura da Deputación de Lugo na que se posibilitaba que os Concellos, que así o solicitasen, puidesen dispor dunha actividade para celebrar a efeméride. “No ámbito do mural que solicitamos propóñense modelos de obras orixinais coa mestura de diferentes técnicas”, dixo a edil ribadense.

0.19426202774048