Remata o asfaltado na obra de mellora do estacionamento no cemiterio de Foz

Foz
AMariñaXa
Rematada a obra de mellora no aglomerado e pintado do estacionamento do estacionamento no cemiterio de Foz co apoio da Deputación
obra aparcadoiro cemiterio foz
20 sep 2022

Tragsa está a piques de rematar a obra de aglomerado do estacionamento do cemiterio de Foz, na zona do Pico do Castro, e só resta o traballo de pintura, segundo informou o alcalde, Francisco Cajoto.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “estes traballos parten dun convenio asinado entre Concello de Foz e Deputación para o arranxo dun espazo de estacionamento moi empregado polas veciñas e veciños” e mostra o seu agradecemento á Deputación de Lugo “unha vez máis polo esforzo inversor que está a facer en Foz. Esta obra, orzamentada en case 40.000 euros, dos que a Deputación aporta máis do 90 por cento, permite completar as actuacións que estamos a executar para a urbanización completa de Costa do Castro”.

Fran Cajoto destaca que “son pasos dentro dun plan global que tamén implica ao Ministerio de Transportes, que está a redactar o Proxecto de Construción do Terceiro Acceso. Coa urbanización da Costa do Castro estamos conectando Marzán con Foz cun camiño peonil seguro e permitindo que a xente que accede a pé ao cemiterio o faga sen riscos. Co acondicionamento do estacionamento dotaremos dun aparcadoiro cómodo a todos aqueles que se acheguen en vehículos privados ao cemiterio e ao novo miradoiro sobre a Ría de Foz e o Cantábrico”. 

0.18530797958374