Remata en Ribadeo o campus CHL Meigas de Hóckey Liña da man do club Isla Pancha

AMariñaXa
Ademais de recibir consellos e de compartir este campus con primeiros espadas nesta práctica deportiva, os participantes gozaron de surf e praia estes días
campus-hockey-club-isla_pancha
campus-hockey-club-isla_pancha
5 Xul 2024

Remata en Ribadeo o campus CHL Meigas de Hóckey Liña, que se veu celebrando desde o pasado 30 de xuño, organizado polo Concello e polo club de hóckey Isla Pancha. Ata o campus desprazáronse o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, e o alcalde, Daniel Vega.

Ademais de recibir consellos e de compartir este campus con primeiros espadas nesta práctica deportiva, os participantes gozaron de surf e praia estes días. O edil de Deportes fixo un balance positivo deste campus: “Polo que nos contan desde a organización foi un éxito, os rapaces aproveitaron moi ben o tempo, e o que agardamos desde o Concello é que este campus teña continuidade en Ribadeo en vindeiras edicións”.

0.17175006866455