Remata en Burela o primeiro Torneo Social de Parchís por Parellas

AMariñaXa
A Praza do Concello de Burela foi o escenario da primeira edición do Torneo Social de Parchís por Parellas, un evento que contou cunha participación numerosa.
Torneo-de-parchís-burela
2 sep 2024

A Praza do Concello de Burela foi o escenario da primeira edición do Torneo Social de Parchís por Parellas, un evento que contou cunha participación numerosa. O torneo, organizado polo Concello de Burela, reuniu a 28 persoas que competiron nun ambiente de compañeirismo e diversión.

As gañadoras desta primeira edición foron Paula Abel e Jennifer Fernández, quen lograron a vitoria tras unha intensa competición. O segundo lugar foi para a parella formada por Bea Caña e Eva Balseiro. As concelleiras Lina Gómez e Sandra Fernández foron as encargadas de entregar os trofeos aos finalistas, trofeos que foron especialmente realizados polos membros da asociación Saúde Mental A Mariña.

Lina Gómez, concelleira de Cultura, expresou o seu agradecemento e felicitacións a todas as parellas participantes polo seu notable desempeño. “Dende o Concello queremos felicitar a todas as parellas participantes, un total de 28 persoas, polo seu desempeño no torneo de parchís”, declarou. Pola súa parte, Sandra Fernández, concelleira de Servizos Sociais, subliñou a importancia de iniciativas como esta para fomentar a participación cidadá e fortalecer os lazos comunitarios.

“Moitas grazas a todos e a todas polo apoio amosado a este I Torneo Social de Parchís por Parellas, unha iniciativa da que agardamos que teña continuidade por moitos anos máis”, afirmou Fernández. O éxito desta primeira edición do Torneo Social de Parchís por Parellas en Burela deixa as portas abertas para que se converta nun evento anual, reforzando así a oferta de actividades sociais e culturais na localidade.

0.19436597824097