Remata con éxito a terceira edición do concurso Viveiro Canta
O Concello de Viveiro fai un balance moi satisfactorio da terceira edición do concurso de karaoke ‘Viveiro Canta’, celebrado na praza Maior. Houbo dúas categorías, unha infantil e outra adulta. Un xurado profesional decidiu os gañadores e gañadoras do certame.
Na categoría infantil, a gañadora foi Inés Mariño Gómez, o segundo Julio Coto Arias, e a terceira Ainara Sánchez Lage. En categoría adultos, a gañadora foi Mónica Puerta Rivas, o segundo Salvador Sesdá García, e o terceiro José Lage.“Estamos moi satisfeitos pola acollida dos e das participantes, veciños e visitantes; unha cita multitudinaria e moi esperada nas festas de agosto de Viveiro”, asegura a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fenández-Noriega, que agradece “a todas as persoas que fixeron posible este evento a ao xurado profesional do conservatorio”.