Remata a obra de adecuación do miradoiro de aves de Reme

AMariñaXa
O Concello remata estes días as obras de recuperación ambiental do miradoiro de aves que hai na marxe galega da ría de Ribadeo, en Reme.
miradoiro aves reme ribadeo
25 Mar 2021

O Concello remata estes días as obras de recuperación ambiental do miradoiro de aves que hai na marxe galega da ría de Ribadeo, en Reme, na parroquia de Ove.

Esta actuación fíxose en dúas anualidades a través dunha axuda da Rede Natura 2000, adecuando todo ese espazo, eliminando unha serie de vexetación que impedía a vista sobre a ría e, sobre todo, tamén para ir intensificando este turismo de paisaxe e de ornitoloxía.

Esta actuación está enmarcada no compromiso ambiental a través destas accións como Life Fluvial, que levan adiante coas universidades de Oviedo, de Santiago e de Lisboa, co obxectivo de ir eliminando os eucaliptos que están na beira, na ribeira, nas partes públicas que foron expropiando na ribeira da ría de Ribadeo, substituíndoas por outras autóctonas propias do noso hábitat.

Este proxecto ten o obxectivo de restituír o sendeiro entre Ribadeo e A Pontenova a través do antigo trazado do tren mineiro, que permita deste xeito dispoñer dun sendeiro a través de toda a costa marítima da ría e logo tamén fluvial.

0.16492009162903