Remata a negociación do ERE de Vestas sen resultados positivos
Onte celebrouse a última reunión do período de consultas da factoría danesa Vestas e sen resultados positivos para os 115 empregados.
Segundo David Mariño, presidente do comité, despois de casi oito horas de reunión a multinacional danesa "non se plantexa ampliar o ER como se falou noutras ocasións".
"Lamentamos que non haxa novidades", engade, "estamos á espera de ver como actúan as administracións fronte ao proceso do ERE".
Os traballadores intentaron que a empresa ampliase o período de consultas ata finais de ano, como tamén o pediron a Xunta de o Ministerio, xa que identificaron 8 empresas viables para a compra da factoría.
O plan social que Vestas puxo sobre a mesa foi o de manter os empregos ata finais de ano e despois reconvertir a fábrica nun centro de servicios e formación coa posibilidade de recolocar a 24 empregados na mesma, e os restantes noutros emprazamentos.
Esta proposta non satifixo aos empregados e que votaron en conxunto para denunciar o devantido espediente regulador de emprego e que a xustiza decida o futuro dos 115 empregados.
Pola súa banda, o Concello de Viveiro quere amosar unha vez máis o seu apoio aos raballadores de Vestas e lamenta que o período de consultas na planta de Viveiro finalizara sen acordo.
Nun comunicado, o comité criticou que a multinacional danesa “non se expón en absoluto ampliar o ERE, como se recomendou na mesa industrial” que busca investidores para a fábrica.
“A Xunta e o goberno deben actuar con rapidez, os traballadores denuncian a mala fe de Vestas e agora toca pechar o interese de varias empresas en continuar coa actividade da planta”, asegura María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
O pasado venres, día 5 de novembro, celebrouse a última reunión da mesa industrial. A Xunta identificou a nove posible investidores, aínda que tanto o Executivo galego como o Goberno central apoiaron a petición dos traballadores de que a empresa ampliase a negociación do ERE ata final de ano.
“A fábrica de Vestas en Viveiro ten unhas instalacións modernas e persoal moi formado e cualificado, polo que debemos atopar alternativas de actividade e emprego”, engade Loureiro.