Remakers xuntaron a unhas 300 persoas no concerto de presentación do seu novo disco

TerraChaXa | AMariñaXa
O grupo ribadense de rock Remakers xuntou a unhas 300 persoas na discoteca Rosa Lar, de Ribadeo, no concerto de presentación do seu segundo disco, titulado Sueños y otras pesadillas.
46492928_10155970981132081_3363364988004597760_o
29 Dec 2018

O grupo ribadense de rock Remakers xuntou a unhas 300 persoas na discoteca Rosa Lar, de Ribadeo, no concerto de presentación do seu segundo disco, titulado Sueños y otras pesadillas.



Nesta actuación, durante case dúas horas, Remakers interpretaron todos os temas do seu novo traballo discográfico, varios do primeiro e tamén algunhas versións. A continuación Xampol pinchou clásicos do rock recordando os bos tempos do Minibar.


Este segundo disco de Remakers acaba de saír á venda en varias plataformas dixitais e tamén pode mercarse en formato CD nos seguintes establecementos ribadenses: Casa das Letras, Amodiño tenda bar, O Recuncho, Vírgula, Cienfuegos bar, Pícaros Mundi e O Cortello.

0.16931390762329