Regresan os Venres de Petiscos a Cervo
O Concello de Cervo invita a veciños e visitantes a desfrutar da nova edición da Ruta Venres de Petiscos, unha proposta gastronómica que regresa este venres día 6 para promover a hostalería en Cervo e Sargadelos. Participan nesta iniciativa os establecementos Caseto de Copa, Pousada O Almacén, Taberna de Sargadelos e Café-Bar Cultural A Sacabeira.
A presentación do evento tivo lugar na Casa do Concello, coa participación da alcaldesa, Dolores García Caramés, e dos representantes dos establecementos implicados: Elsa Fernández, Tomás Mariño, Jessica Carrasco e Bruno González. As tapas estarán dispoñibles a un prezo de 2,50 euros, e entre os clientes que completen a ruta semanal selando as súas papeletas nos catro locais, sortearase unha cea mensual en cada un dos establecementos participantes.
Para o primeiro venres, as propostas gastronómicas inclúen risotto ai funghi da man de Caseto de Copa, salpicón de bonito en Pousada O Almacén, Guiso Celta na Taberna de Sargadelos e torrada de guacamole e boqueróns no Café-Bar Cultural A Sacabeira: Torrada de guacamole e boqueróns.