Regresa o Mercado de Nadal ao Concello de Alfoz
AMariñaXa
Organizado pola Asociación Veciñal de Mor e a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo
28 Nov 2024
O próximo venres 6 de decembro regresa o Mercado de Nadal ao Concello de Alfoz. Por segundo ano, está organizado pola Asociación Veciñal de Mor e a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo.
Será no Atrio de San Pedro e contará cunha gran carpa climatizada con diversos postos de comida, doces, adornos, bisutería, regalos... Ademais haberá o obradoiro 'Crea o teu adorno de nadal'. Gratuíto e para os máis pequenos da casa. Terá dous horarios, ás 12.00 e ás 17.00.
Ás 18.30 horas será o acendido das luces a cargo da Asociación Veciñal de Mor e a continuación a actuación do Coro de Mondoñedo. Tamén haberá sorteos.
Tralo éxito da pasada edición, dende a organización convidan a veciños e visitantes a achegarse e gozar do Mercado.