Regresa o belén con figuras a tamaño real ‘Viveiro Ante o Berce’

AMariñaXa
Quedará inaugurado este venres día 6 de decembro co acendido de luces
nadal-viveiro
3 Dec 2024

O Concello de Viveiro inaugura este venres, día 6 de decembro, o belén con figuras a tamaño real ‘Viveiro Ante o Berce’, e procederá ao acendido das luces de Nadal.

‘Viveiro ante o Berce’, situado como sempre no atrio de Santa María e nas súas inmediacións, vaise inaugurar ás 19.30 horas, coa actuación do coro de CEP Lois Tobío e ofrecendo un chocolate aos asistentes, para o que se instalará unha pequena carpa no espazo entre as rúas Teodoro de Quirós e Pedro Fernández Orol. A esa mesma hora, ademais, procederase ao tradicional acendido das luces.

A alcaldesa María Loureiro explica “a importancia de acender o alumeado coincidindo coa ponte de decembro, alongando un mes Nadal e favorecendo ao comercio e ao sector servizos”.

“O belén é un referente a nivel galego, e como tal atrae a moitísima xente a Viveiro para velo, creándose un gran ambiente nas nosas rúas e dinamizando a economía local”, engade Loureiro.

0.16613793373108