Rego da Ponte, en Ourol, celebra as festas e a II Ruta Cabalar

AMariñaXa
Rego da Ponte, na Bravos, Concello de Ourol, celebra a fin de semana do 18 de xuño de 2023 a II Ruta Cabalar.
II ruta cabalar Rego da Ponte Ourol 2023
II ruta cabalar Rego da Ponte Ourol 2023
30 Maio 2023

Rego da Ponte, na parroquia de Bravos, Concello de Ourol, celebra a fin de semana do 17 e 18 de xuño de 2023 as súas festas que contarán ademais coa II Ruta Cabalar.

A xornada comezará o sábado 17 de xuño coa misa solemne e a procesión, seguida da sesión vermú co Dúo Caramelo, que dará paso ao xantar popular.

Xa pola noite haberá unha cea servida por Seiramar na que haberá que anotarse antes do 11 de xuño chamando ao 669 302 211, 696 078 332 ou 670 603 550. A continuación será o baile co Dúo Caramelo e Verónica Cambón.

O domingo 18 de xuño será a quenda da ruta cabalar que comezará ás 10.00 horas e que contará con biscoitos e café para todos os cabaleiros participantes e bocadillos a metade da ruta. Ao mediodía José Anido amenizará a sesión vermú que dará paso ás 15.00 horas ao xantar popular a 25 euros e baile. Para o xantar hai que anotarse antes do 15 de xuño.

II ruta cabalar Rego da Ponte Ourol 2023
0.069514036178589