Recollen doazóns de sangue o xoves na Pontenova

AMariñaXa
O vehículo prestará servizo, en horario de 16.30 a 21.00 horas, na praza dos Fornos do Concello da Pontenova
doazon sangue
19 Maio 2021

A unidade móbil de doazón de sangue estará o vindeiro xoves 27 na Pontenova para recoller as doazóns dos veciños e veciñas que así o desexen, sempre que sexan maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo de 16.30 a 21.00 horas na praza dos Fornos.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou, no seu caso, tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.

0.12761998176575