Recollen doazóns de sangue no Valadouro

AMariñaXa
O Concello do Valadouro anuncia que unha unidade móbil de doazón de sangue instalarase no municipio o día 1 de febreiro
doazon sangue
29 Xan 2023

A unidade móbil de doazón de sangue estará o vindeiro mércores 1 de febreiro no Valadouro para recoller as doazóns dos veciños e veciñas que así o desexen, sempre que sexan maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

Estará no Parque Concepción Arenal en horario de 16.30 a 21.00 horas. O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou, no seu caso, tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.

Axencia de Doazón de Órganos e Sangue subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.

0.19426608085632