Recollen doazóns de sangue no Valadouro
AMariñaXa
O Concello do Valadouro anuncia que unha unidade móbil de doazón de sangue instalarase no municipio o día 29
27 Nov 2021
A unidade móbil de doazón de sangue estará o vindeiro luns 29 de novembro en Valadouro para recoller as doazóns dos veciños e veciñas que así o desexen, sempre que sexan maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.
O luns 29 estará no Parque Concepción Arenal de 10:15 a 14:00 horas.
O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou, no seu caso, tarxeta de doante.
Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.