Recollen doazóns de sangue en Viveiro
AMariñaXa
O vehículo prestará servizo, en horario de 10.30 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas, fronte ao conservatorio de música de Viveiro
31 May 2021
A unidade móbil de doazón de sangue estará o vindeiro xoves 3 de xuño en Viveiro para recoller as doazóns dos veciños e veciñas que así o desexen, sempre que sexan maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.
O vehículo prestará servizo de 10.30 a 14.00 e de 17.00 21.00 horas fronte ao conservatorio de música na avenida da Mariña nas inmediacións dos xardíns Nogueira Varela.
O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou, no seu caso, tarxeta de doante.
Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.