Recollen doazóns de sangue en Viveiro

AMariñaXa
O Concello de Viveiro anuncia que unha unidade móbil de doazón de sangue instalarase no municipio o día 14 de xaneiro
doazon sangue
13 Xan 2022

A unidade móbil de doazón de sangue estará o vindeiro venres 14 de xaneiro en Viveiro para recoller as doazóns dos veciños e veciñas que así o desexen, sempre que sexan maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

Estará situada nos xardíns Noriega Varela en horario de 10.30 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou, no seu caso, tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.

0.18708515167236