Recollen doazóns de sangue en Viveiro
AMariñaXa
O Concello de Viveiro anuncia que unha unidade móbil de doazón de sangue instalarase no municipio o día 18
15 Nov 2021
A unidade móbil de doazón de sangue estará o vindeiro xoves 18 de novembro en Viveiro para recoller as doazóns dos veciños e veciñas que así o desexen, sempre que sexan maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.
O xoves estará situada fronte ao Conservatorio de Música, na avenida da Mariña, próxima aos Xardíns de Noriega Varela de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00.
O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou, no seu caso, tarxeta de doante.
Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.