Recollen doazóns de sangue en Cervo

AMariñaXa
O Concello de Cervo anuncia que unha unidade móbil de doazón de sangue instalarase en Cervo e en San Cibrao o día 2
doazon sangue
30 Maio 2022

A unidade móbil de doazón de sangue estará o vindeiro 2 de xuño en Cervo para recoller as doazóns dos veciños e veciñas que así o desexen, sempre que sexan maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

Así, estará ante a casa do Concello de Cervo de 11.00 a 13.30 horas e a carón da casa da cultura de San Cibrao de 17.00 a 21.00 horas.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou, no seu caso, tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.

0.20183396339417