Recollen doazóns de sangue en Barreiros
AMariñaXa
O Concello de Barreiros anuncia que unha unidade móbil de doazón de sangue instalarase no municipio o día 20
17 Xan 2022
A unidade móbil de doazón de sangue estará o vindeiro 20 de xaneiro en Barreiros para recoller as doazóns dos veciños e veciñas que así o desexen, sempre que sexan maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.
Así, estará ediante do Concello en horario de 16.45 a 21.00 horas.
O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou, no seu caso, tarxeta de doante.
Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.