Reclaman o desbroce da estrada que dá acceso ás praias de Barreiros e a das Catedrais

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O deputado popular José Manuel Gómez Puente di que o estado da vía LU-P-0610 pode crear situacións de risco tanto para o tráfico rodado como para o peonil.
galiciaproductos
5 Xul 2020

O deputado popular José Manuel Gómez Puente di que o estado da vía LU-P-0610 pode crear situacións de risco tanto para o tráfico rodado como para o peonil.

"Unha vez máis, a Deputación presidida polo socialista José Tomé chega tarde á solución dos problemas da provincia; chega tarde no caso dos desbroces en Barreiros despois de anunciar que, este ano, a diferenza doutros, os traballos de limpeza das marxes das estradas provinciais se farían a tempo, empezando a primeiros de xuño", dixo Gómez Puente. O deputado popular  reclama do bigoberno da Deputación que adopte as medidas precisas para corrixir o problema.

"A estrada LU-P-0610 da servizo, entre outras, á praia de Fontela, na parroquia de San Pedro de Benquerencia; tamén da acceso a praia das Catedrais". Gómez Puente di que esta vía, como todas as provinciais ao seu paso polo municipio de Barreiros, está sen desbrozar. Indica que "esta fin de semana xa serán moitas as persoas que se desprazarán á costa lucense para disfrutar das praias. Avisa de que tal como está a citada estrada pode crear situacións de risco para o tráfico rodado e peonil. E asegura, que, en todo caso, da moi mala imaxe desta zona da provincia de Lugo".

Gómez reclama do presidente da Deputación, o socialista José Tomé, que estableza prioridades para os desbroces e considera que as vías que dan servizo ás praias lucenses teñen que ser obxectivo prioritario. O mesmo deputado di que o propio presidente asegurou poucas semanas atrás, en resposta a unha iniciativa do grupo popular, que a limpeza das vías comezaría a primeiros de xuño, antes que outros anos.

0.19756388664246