Recibidas un total de 14 marchas procesionais no certame Blas García Liz de Viveiro

AMariñaXa
O xurado atópase xa avaliando cada unha das composicións procedentes de compositores de 11 provincias españolas e unha peza enviada desde Portugal
III-concurso-marchas-procesionais-Viveiro-2025
13 Jan 2025

Pechouse o prazo para a presentación das obras ao III Concurso de Composición de Marchas Procesionais Blas García Liz de Viveiro.

Recibíronse un total de 14 marchas procesionais, creadas por 14 compositoras e compositores procedentes de 11 provincias españolas (Alacante, Castellón, Lugo, Madrid, Málaga, Murcia, Pontevedra, Tarragona, Toledo, Valencia e Zaragoza), así como unha peza enviada desde Portugal (Oporto).

Desde aquí a organización quixeron expresar "o seu máis sincero agradecemento a todas as persoas participantes polas marabillosas obras que nos fan chegar e pola súa constante implicación neste concurso".

O xurado atópase xa avaliando cada unha das composicións, e a resolución, coa marcha premiada, será comunicada por teléfono e correo electrónico ao seu autor ou autora.

Posteriormente, o resultado será anunciado a través das canles e redes sociais oficiais ao longo do mes de xaneiro de 2025.

0.16252398490906