Reciben na Deputación ás hexacampioas do Burela

AMariñaXa
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro recibiu ás xogadoras do Pescados Rubén Burela FS
recepción-burela-fs-deputación
28 Xuño 2024

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro recibiu ás xogadoras do Pescados Rubén Burela FS que lograron o título de liga tras vencer ao Atlético Navalcarnero (2-0) no pavillón de Vista Alegre, en Burela. O vicepresidente deulle os parabéns ao equipo “por un título que segue ampliando o palmarés de luxo do club burelao, e que supón un novo fito para o deporte galego e feminino”.

Ademais, explicou que “a costume de celebrar títulos non nos fai esquecer o esforzo que hai detrás de cada un destes logros deportivos, que son motivo de orgullo para Burela e para todo a provincia". As xogadoras laranxas, que viaxaron coa copa que as acredita como campioas da máxima competición estatal por sexta vez, aproveitaron a visita para achegarse ata a sala de ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo, que alberga o torques de Burela, unha das pezas máis senlleiras do patrimonio provincial, referenciada no deseño do escudo do concello e tamén do club.

0.19687294960022