Reciben na Deputación ao Burela FS tras o seu ascenso a Primeira

AMariñaXa
Efrén Castro trasladou os seus parabéns ao equipo e ao club “o único do Estado que conta con representación masculina e feminina en primeira categoría"
recepción_burela_deputación
19 Xuño 2024

O vicepresidente da Deputación de Lugo e deputado de Deportes, Efrén Castro, recibiu ao equipo do Burela FS polo ascenso á primeira categoría do fútbol sala estatal, xunto á deputada de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García.

Efrén Castro trasladou os seus parabéns ao equipo e ao club “o único do Estado que conta con representación masculina e feminina en primeira categoría. É un orgullo para o deporte lucense e galego contar cun proxecto  destas características, que fai que Burela se coñeza en todo o Estado como  referente deportivo. Este ano os resultados deportivos recompensaron o esforzo”. A área de Deportes da institución provincial é o principal patrocinio institucional do club burelés ao que achega 140.000 euros anualmente.

0.19458794593811