Reciben en Ribadeo a Elena Justo e Manuela Lastra, campioas de España
No salón de plenos do Concello de Ribadeo tivo lugar unha recepción ás campioas de España Elena Justo e Manuela Lastra, do Club de Piragüismo Altruán. Manuela Lastra ven de proclamarse campioa de España en infantil K1 3000 e Elena Justo é tamén campioa de España en PK3 3000. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “Elena e Manuela recibiron como agasallo un vale de 150 euros en recoñecemento aos seus méritos deportivos”.
O alcalde, Dani Vega, e o edil de Deportes felicitáronas “por este novo éxito e por levar o nome de Ribadeo ao mais alto do podio do piragüismo” e animáronas “a seguir na liña de esforzo e dedicación que iniciaron hai anos”. Manuela Lastra e Elena Justo estiveron acompañadas polo seu adestrador, Ramón Cabodevila, e polo presidente do Club Altruán, José Ángel Fernández.