Rececende prepara as súas festas na honra de San Xoán

AMariñaXa
A parroquia de Rececende na Pontenova organiza para o 23, 24 e 25 de xuño as súas festas na honra de San Xoán.
1 festas rececende pontenova
10 Xuño 2023

A parroquia de Rececende organiza para o 23, 24 e 25 de xuño as súas festas na honra de San Xoán.

O venres 23 haberá unha churrascada amenizada pola charanga Loudband. Para asistir á cea haberá que chamar ao 649 315 469, 620 946 880 ou 628 639 623.

O sábado ás 13.30 horas será a misa solemne con procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Tokio, quen tamén amenizará a verbena da noite, ás 23.00 horas, co trío Merengue.

O domingo ás 14.00 horas haberá oficio relixiosos, procesión e vermú con Los Adrianos.

festas rececende pontenova
0.14211988449097