Realizarán un cribado entre os veciños da Pontenova

AMariñaXa
Os veciños da Pontenova están invitados a un cribado para detectar covid. Está dirixido á xente que traballa en atención ao público.
covid cribado pcr
25 Feb 2021

Os veciños da Pontenova están invitados a participar nun cribado para detectar casos de covid-19. Esta operación está dirixida especialmente á xente que traballa en atención ao público, como oficinas, farmacias, supermercados, tendas, gasolineiras, etc.

Para poder asistir ao cribado, hai que anotarse no Concello, chamando e preguntando por Ángeles antes do venres 26 ás 12.00 horas do mediodía. Haberá que indicar nome, DNI, data de nacemento e teléfono.

A proba realizarase no Hospital Lucus Augusti de Lugo de onde lles chamarán para indicarlles a hora á que se deben presentar.

0.09751296043396