Veciños de Santa Comba reúnense para falar sobre o estado dos montes conveniados

TerraChaXa | AMariñaXa
A Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea celebrará unha reunión sobre a situación dos montes conveniados.
pistas monte xunta limpeza roza
12 Xul 2022

A Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea vén de comunicar que o vindeiro sábado 16 de xullo celebrarán unha reunión sobre a situación dos montes conveniados.

Este encontro, que se celebrará na Escola da Órrea ás 18.00 horas, contará con asesoramiento do experto Óscar Fernández da empresa Xelda, Eido Rural.

Na reunión tratarase a situación actual das leiras á Xunta, as razóns polas que non as explota nin as devolve, ou as iniciativas que se están poñendo en marcha na comarca para recuperar os montes.

Esta cita esta aberta a todas as persoas interesadas sexan veciños ou non.

0.094926118850708