Realizan a limpeza e conservación en ríos de Cervo, Mondoñedo e Alfoz

AMariñaXa
Augas de Galicia executa actuacións de conservación e limpeza en treitos interurbanos de ríos dos concellos de Cervo, Mondoñedo e Alfoz.
LIMPEZA RIO CHAMOSELO E EUME AS PONTES
9 Mar 2023

Augas de Galicia executa actuacións de conservación e limpeza en treitos interurbanos de ríos dos concellos de Cervo, Mondoñedo e Alfoz.

Ata finais desta semana haberá un equipo facendo labores de mantemento no río Cobo en Cervo. Paralelamente, outra dotación de persoal está traballando no río Masma en Mondoñedo.

Así mesmo, a partir do próximo luns comezará unha actuación para despexar un punto do cauce fluvial do Ouro de Alfoz no que se detectaron unhas árbores formando un tapón na ponte de San Pedro de Mor.

Augas de Galicia desenvolve de xeito continuo estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-norte e as súas zonas de acceso e protección.

Este tipo de traballos permite a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17370200157166