Reabren o parque infantil de Marzán, en Foz, tras a súa renovación

Foz
AMariñaXa
O Concello de Foz procedeu á reapertura do parque infantil de Marzán, que foi renovado integramente.
parque-infantil-de-Marzán
24 Aug 2024

O Concello de Foz procedeu á reapertura do parque infantil de Marzán, que foi renovado integramente. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que esta actuación foi posible grazas a un investimento de 32.000 euros aportados pola Deputación de Lugo: “Fíxose unha renovación integral do parque, cun pavimento continuo de caucho con distintas cores e xogos de gran calidade”.

O rexedor municipal destaca “a nova estrutura con zona de escalada e togobán, apta para nenos de 3 a 14 anos, cunha lonxitude de máis de 9 metros e na que a plataforma máis elevada está a 2,10 metros do chan”. O alcalde anuncia que “nun breve prazo substituiranse os 8 bancos existentes no parque por novo mobiliario e dispoñeranse catro pezas biosaudables (pedais, manivela rotativa, pé oscilante e zig-zag) para completar o espazo, en virtude aos remanentes da adxudicación que xa foron solicitados á administración provincial”. Os traballos continúan no parque infantil do Cu do Castro, na praia de Llas, que se pechou ao público durante a execución da obra.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18211984634399