Reabre o prazo para o VI Concurso Avelino Díaz
Os concellos de Riotorto e Meira, coa colaboración da AC Avelino Díaz, retomaron a convocatoria do IV Certame de Debuxo e Poesía Avelino Díaz que foi suspendido no mes de marzo debido á pandemia.
Esta nova convocatoria mantén a mesma regulamentación. Está aberta a toda a poboación co obxectivo de loubar a figura deste representante da cultura na zona.
O concurso divídese en catro categorías de idade, de 3 a 8 anos, de 9 a 12, de 13 a 17 e de 18 en adiante. Os máis pequenos só terán categoría de debuxo e os demáis só a de poesía.
No apartado de debuxo, poderán presentarse obras en formato e temática libre, mais os poemas deberán estar escritos en galego, cunha extensión mínima de oito versos e unha máxima de 80, con Arial 12pt.
O prazo de presentación é ata o 22 de maio e o lugar de recollida de traballos é a Asociación Avelino Díaz de Meira. Os premios constan de diplomas, lotes de material escolar ou libros. O gañador na categoría de 9 a 12 anos recibirá un libro electrónico, o seguinte unha tablet e os adultos terán un premio económico. 300 para o gañador, 200 para o segundo e 100 para o terceiro.
O fallo do xurado darase a coñecer na primeira semana de xuño.