Rapaces xovenses foron premiados no concurso das Letras Galegas
AMariñaXa
Rapaces xovenses foron premiados no concurso literio e artístico co gallo do Día das Letras Galegas, adicado a Xela Arias
7 Jul 2021
As concelleiras de Xove, Dolores Meitín, de Cultura e Educación, e, Ana Abad, de Servizos Sociais, entregaron os premios aos rapaces e rapazas que gañaron no concurso literario e artístico organizado pola Concellería de Cultura e Educación, para o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Xela Arias.
Dende o Concello quixeron agradecer a participación de todos os rapaces e dar a "noraboa a todos os participantes polos seus excelentes traballos".