Rapaces do Ceip Virxe do Carme de Burela realizaron manualidades de Nadal
AMariñaXa
As monitoras de Gaia estiveron cos rapaces de 1° e 2° de Primaria do CEIP Virxe do Carme e realizaron unha manualidade de Nadal
30 Nov 2021
As monitoras de Gaia, pertencentes á delegación de Medio Ambiente de Burela, que dirixe Toñi Eijo, estiveron cos rapaces de 1° e 2° de Primaria do CEIP Virxe do Carme. Nesta ocasión realizaron unha manualidade de Nadal, cun calcetín branco, con algo de recheo e con fieltro realizaron un Olaf.
Desde Gaia explican que "esta actividade demostra que no Nadal podemos adornar a nosa casa con cousas feitas por nós, mesmo aproveitando materiais que todos temos e reutilizándoos, ademáis os peques disfrutan moito con este tipo de manualidades".