Ramona Cortiñas, de Alfoz, celebrou o seu 101 aniversario

AMariñaXa
A veciña de Alfoz Fuensanta Balseiro cumpriu cen anos o 12 de setembro e recibiu do Concello unha placa conmemorativa e un ramo de flores.
Aniversario Ramona 101 anos Alfoz 2024
Aniversario Ramona 101 anos Alfoz 2024
26 Feb 2024

O domingo 25 de febreiro, Ramona Cortiñas López, celebrou o seu 101 aniversario rodeada da familia na súa casa do Pereiro, Alfoz.

Con motivo desta celebración, acercáronse ao seu domicilio a alcaldesa, Efigenia Maseda, acompañada polo concelleiro de Educación, Igualdade e Participación, Eliseo Lorenzo, como representantes do Concello, para agasallala cunha cesta de diferentes produtos e plantas.

A alcaldesa afirma que “dá gusto felicitar a unha veciña con tanta experiencia na vida e vela rodeada da súa familia”.

0.18885493278503