Ramona Cortiñas celebrou o seu 102 aniversario rodeada da súa familia en Alfoz

O pasado 25 de febreiro, Ramona Cortiñas López celebrou o seu 102 aniversario na súa casa do Pereiro, en Alfoz, rodeada dos seus seres queridos. Unha data tan sinalada foi unha ocasión especial para a comunidade, que non quixo deixar pasar a oportunidade de rendir tributo á centenaria.
Con motivo desta celebración, a alcaldesa de Alfoz, Efigenia Maseda, achegouse ao domicilio de Ramona para agasallala cunha cesta de diferentes produtos e plantas. Un xesto simbólico que demostra o cariño e o respecto pola lonxevidade e a traxectoria de vida de Ramona.
A alcaldesa, emocionada polo momento, afirmou que “é un verdadeiro pracer e honra para o noso concello celebrar xunto a Ramona e a súa familia este fermoso momento”. A comunidade de Alfoz celebra con orgullo a saúde e o benestar de persoas como Ramona, que son un exemplo de forza e vitalidade.
Dende o Concello de Alfoz, desexamos que Ramona siga gozando de moitos anos máis de felicidade e saúde, e reiteramos os nosos mellores desexos para ela neste aniversario tan especial.