Ramón Sarmiento, secretario xeral de CCOO de Galicia, apoiará mañá en Madrid os traballadores e traballadoras de Alcoa

TerraChaXa | AMariñaXa
O secretario xeral de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento, participará mañá na concentración convocada polos traballadores e traballadoras de Alcoa diante do Congreso dos Deputados.
27 Mar 2019
O secretario xeral de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento, participará mañá na concentración convocada polos traballadores e traballadoras de Alcoa diante do Congreso dos Deputados. Tamén se prevé a presenza do secretario xeral confederal, Unai Sordo, quen reiterou xa o pasado Día da Clase Obreira Galega o compromiso do sindicato coa problemática das factorías da Coruña e de Avilés.
A concentración terá lugar mañá xoves, a partir das 11 horas. As traballadoras e traballadores de Alcoa esixiranlle ao Goberno de España e aos deputados e deputadas que «aceleren o paso», porque «urxe» unha solución para a continuidade destas dúas factorías, pero tamén do conxunto do sector de industrias electrointensivas.
Representantes da Federación de Industria de CCOO tamén se reunirán o xoves co secretario xeral de Industria e cos grupos parlamentarios.
0.15834999084473